Free Red Cursors at www.totallyfreecursors.com

mércores, 27 de novembro de 2013

O Prestige; 11 anos despois sen culpables.

Once anos despois, dez anos de investigación xudicial e nove meses de xuizo e non hai culpables.
A única persoa que vai ir ao cárcere despois dun dos maiores desastres ecolóxicos é o capitán do barco. Estará nove meses en prisión por ''desobediencia grave as autoridades españolas''.
O estado queda libre de toda culpa neste caso. 

Pero que é dos destrozos causados no noso medio pola marea negra? Onde está o recoñecemento a todolos voluntarios que axudaron nas costas? 
A recuperación desta catástrofe é longa, pero non imposible coa axuda de todos. Que nunca máis volva a ocorrer. 

martes, 26 de novembro de 2013

                        NEGRA SOMBRA
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

Rosalía, Follas Novas

luns, 25 de novembro de 2013

COUSAS DA VIDA

Os debuxos e textos de Castelao serven para reflectir cun humor satírico a realidade social e económica da Galiza do momento.

25 Novembro contra o maltrato de xénero.

O 25 novembro é o día internacional contra o maltrado de xénero. A maioría das víctimas son mulleres, por iso temos que loitar por unha sociedade libre de violencia de xénero. 
Ao longo da historia moitas mulleres loitaron en contra da violencia machista, únete a elas.
ANTE O MALTRATADOR TOLERANCIA CERO.