Once anos despois, dez anos de investigación xudicial e nove meses de xuizo e non hai culpables.
A única persoa que vai ir ao cárcere despois dun dos maiores desastres ecolóxicos é o capitán do barco. Estará nove meses en prisión por ''desobediencia grave as autoridades españolas''.
O estado queda libre de toda culpa neste caso.
Pero que é dos destrozos causados no noso medio pola marea negra? Onde está o recoñecemento a todolos voluntarios que axudaron nas costas?
A recuperación desta catástrofe é longa, pero non imposible coa axuda de todos. Que nunca máis volva a ocorrer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario